140 mil euros para a ampliación do servizo ‘Bicidadáns’

    bicicleta copia100.jpgVILAGARCÍA> Concello e Xunta asinan un novo convenio para a segunda fase desta iniciativa que fomenta o uso da bicicleta.

    Vilagarcía traballa para ampliar o seu servizo de préstamo de bicicletas. O concello ven de asinar un convenio co Instituto Enerxético de Galicia, dependente da Consellería de Economía de Industria, polo que o ente autonómico comprométese a destinar un total de 140 mil euros para a posta en marcha da segunda fase do servizo Bicidadáns.

    Con este convenio, ambas institucións buscan cubrir unha demanda dos usuarios do préstamo de bicicletas, que levan xa tempo solicitando unha ampliación do servizo. Entre outras medidas, o concello destinará os cartos a mercar un mínimo de 50 bicicletas novas que se incorporarán a Bicidadáns; un programa que dende que arrancou na cidade arousá no 2008 non para de sumar usuarios que se apuntan á bicicleta como medio de transporte.

    Na actualidade e ademais de en Vilagarcía, este servizo de préstamo funciona nun total de 15 concellos, e conta con preto de 22.000 usuarios.

    Redacción Salnés