O PP alerta do ‘risco’ que supón o Camiño do Regadío para os peóns

    pppontecesures.jpg PONTECESURES> O grupo municipal solicitará no vindeiro pleno que se repare uhna vía que ‘carece de protección e alumeado público’ nalgún tramo.

    A actual situación do Camiño do Regadío supón para os populares de Pontecesures un perigo para os viandantes que a diario pasan por esta zona. Denuncian a ausencia de valados que protexan ós transeúntes dunha posible caída, especialmente no último tramo, entre a intersección coa rúa Doctor Mosquera e A Terroeira. Esta zona, argumenta o popular Juan Manuel Vidal Seage, ‘atópase a unha altura considerable dun canal duns 1,50 metros de altura, polo que a caída dalgún viandante ou vehículo podería ter consecuencias lamentables’.

    Pero as deficiencias neste último tramo da vía, segundo os populares, van máis aló. Falta alumeado público, que sumado á falta de protección ‘supón un risco aínda maior para as persoas’, e denuncian un estado xeral de abandono. É por isto que o grupo municipal do PP prepara unha moción para debater no vindeiro pleno da corporación na que solicita ó goberno local que adecente de inmediato o Camiño do Regadío, máis aínda tendo en conta que forma parte do Camiño Portugués a Santiago de Compostela e son tamén moitos os peregrinos que a diario pasan por el.

    No escrito suxiren ó executivo que pida a Augas de Galicia ‘ou a quen lle corresponda a titularidade da canle do regadío’, a colocación dun valado de protección, e que o concello pola súa parte proceda á instalación dos puntos de luz precisos ‘que rantan a circulación de persoas e vehículos con seguridade’.

    Redacción Salnés