SANXENXO> Seguramente todos e todas coñezan numerosas marcas de cervexas comercias. Pero non ocorre o mesmo no caso das artesanais. Para crear cultura cervexeira entre o seu alumnado, o obradoiro de hostalería do Salnés organizou unha cata coa participación do artesán Carlos Brea.
O obradoiro de hostalería do Salnés continúa organizando diferentes talleres para formar ao seu alumnado. Uns cursos que contan coa colaboración de expertos en diferentes materias. Para aumentar os coñecementos do seu alumnado no campo da cervexa, o obradoiro organizou unha cata que correu a cargo do artesán cervexeiro Carlos Brea.
Neste taller, o artesán busca crear cultura cervexeira.
Os participantes do obradoiro aprenderon a elaborar cervexa e degustaron diferentes tipos desta bebida.
Carlos Brea leva elaborando cervexa dende o 2015, foi o primeiro en elabora cervexa ecolóxica galega e cervexa con ingredientes 100% galegos. O artesán explica que o éxito está na formación e no esforzo.
O sector está en auxe, son moitos os artesáns que cada ano sacan ao mercado a súa cervexa. Pero a maioría deixa de elaboralas en menos dun ano. Segundo Carlos Brea, a falla de formación e a precipitación é o que leva a moitos artesáns a fracasar, feito polo que resalta a importancia destas catas.