O Proxecto Nova TFE comeza as xornadas formativas cun curso de fabricación dixital e design thinking

VILAGARCIA> A Mancomunidade do Salnés comeza un curso de formación sobre fabricación dixital e deseño creativo nas instalacións de Galicia Turistic. Na xornada participan 15 traballadores ou empresarios relacionados co sector tecnolóxico. O obxectivo é impulsar ás empresas e o emprendemento.

O centro de servizos avanzados Galicia Tursitic comezou este martes cos cursos de formación para pemes e autónomos. O laboratorio, creado hai dous meses, ten como unha das súas patas a formación de traballadores e empresarios para aumentar os seus coñecementos nas novas tecnoloxías. Galicia Tursitic, a través do proxecto Nova Tfe, abre as súas xornadas formativas cun curso de fabricación dixital e deseño creativo.

No curso participan 15 alumnos que terán unha formación de 80 horas.

Mentres comezan os cursos formativos, o laboratorio continúan adquirindo materiais para que as empresas poidan realizar as súas investigacións.

O obxectivo do proxecto nova Tfe é impulsar ás empresar e favorecer o emprendemento.

A formación continuará nos vindeiros meses con dous cursos máis, un de robótica e o outro enfocado ás Smart Cities.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí