Cuntis mellora 2,5 km de tubaxes de saneamento na parroquia de Arcos co Plan Concellos

CUNTIS> Cuntis mellora a través do plan concellos o saneamento na parroquia de Arcos. A intervención suporá a colocación de 2,5 Km de tubaxes. Preto de 200 veciños beneficiaranse deste proxecto.

Máis de 40 vivendas de Ducío, na parroquia de Arcos de Cuntis, verán melloradas as súas redes de saneamento. O goberno local a través do plan Concellos da Deputación de Pontevedra está levando a cabo unha obra para instalar na zona máis de 2,5 quilómetros de tubaxes.

Con esta obra, o concello continúa o seu proxecto de mellora de saneamento nos núcleos rurais. A reforma mellorará a calidade de vida dos veciños.

Tanto a Deputación como o concello lamentaron que estas obras se realicen sen a colaboración de Augas de Galicia.

Con estas intervencións o concello xa reformou o saneamento de máis dun 70% do municipio. O prazo de execución desta obra é de tres meses. Se o tempo acompaña, os prazos poderían recortarse.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí