CAMBADOS> A Casa do Mar de Cambados reformarase cun orzamento de 150 mil euros. No edificio con máis de 40 anos de historia nunca se levou a cabo ningunha mellora. As obras comezarán en maio.
Dende o inicio da lexislatura o Goberno local de Cambados reclamou unha mellora para a Casa do Mar. Xunto ca Asociación de Xubilados e Pensionistas tiveron que facer fronte a Consellería de Política Social e ó Instituto Social da Mariña. Tras intentalo a nivel local e autonómico, elevaron unha proposición non de lei ó Congreso solicitando as reformas.
A reforma farase cun orzamento de 150 mil euros e o proxecto xa foi adxudicado. A empresa terá que realizar varias melloras.
As obras comezarán en maio e o prazo de execución é de 8 semanas. O concelleiro espera que para agosto xa estea todo rematado.
Comments are closed.