Cambados acollerá o primeiro curso de verán da UIMP

    cursos_uimpcopy.jpgPONTEVEDRA> O curso desenvolverase entre o 25 e o 27 de maio con motivo do 50 aniversario da morte do cambadés Francisco Asorey.

    {flowplayer}images/salnes/CURSO_UIMP.flv{/flowplayer}

    O Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Duran e o Director da UIMP en Galicia, José Luis Barreiro, presentaron esta mañá os cursos de verán que se celebrarán este ano na provincia.

    Baixo o título ‘Asorey e a creación artística do século XX’, Cambados acollerá entre o 25 e o 27 de maio o primeiro destes seminarios.

    Ademais, Pontevedra, Vigo, Forcarei e Soutomaior tamén acollerán cursos da UIMP, aínda que con diferente temática. Debido a esta distribución territorial, José Juan Durán destacou que responde ó interese da Deputación por estendelos contidos por toda a provincia.

    Estes cursos xa son toda unha tradición na provincia xa que se levan celebrando 29 anos. Nesta ocasión, a temática responde a propostas recibidas na universidade.

    Os interesados en inscribirse nos diversos cursos o poden facer a través da páxina web da UIMP www.uimp.es. Non hai límite de prazas.

    Redacción Salnés