Garzón apadriña a nova sé do ‘Faiado da Memoria’

VILAGARCÍA> A memoria histórica vilagarciá xa ten nova sé. A asociación Faiado da Memoria ten dende hoxe o centro de operacións no número 27 da Praza de Ravella. O local inaugurouse cunha gran expectación. Non en van está apadriñado por un auténtico referente na materia: o ex-xuíz Baltasar Garzón.

A memoria vilagarciá xa ten o seu propio “faiado”. A asociación cultural Faiado da Memoria vén de transformar o vello salón de Pura e Antonio, veciños de Vilagarcía, no número 27 da Praza de Ravella, no seu centro de operacións.

Traer o pasado ao presente, é o seu ambicioso obxectivo dende que comezaron en 2008 a súa andaina. O respaldo conseguido supera todas as expectivas iniciais. Na inauguración desta nova sé hoxe contaron coa presenza dun referente: o ex-xuíz Baltasar Garzón.

Garzón destacou o papel da sociedade civil nesta loita, e de ferramentas como a Lei da Memoria Histórica, hoxe en día inutilizada pola falta dunha aposta do goberno central. Para o ex-xuíz este movemento é cada vez máis transversal,

Dende o reformado salón de Pura e Antonio, o Faiado da Memoria de Vilagarcía seguirá recompilando imaxes e fragmentos das historias individuais que dan forma á colectiva. Xa que, segundo Baltasar Garzón, iniciativas coma esta son o único xeito de construír memoria.