SALNES> Comeza a vendima da uva albariña nas adegas da subzona do Salnés. Os viticultores adianta o comezo da colleita debido as condicións meteorolóxicas polo risco de choivas. A previsión é que sexa unha vendima abundante de cantidade e calidade.
Os viñedos entran na etapa máis importante para as adegas, a da vendima. Despois de un ciclo vital, os viticultores comezan a recoller os froitos do traballo de todo un ano. Os viñedos do Salnés atoparanse dende hoxe con moitos cortadores recollendo a uva albariña. A vendima finalmente adiantouse para evitar a previsión de choivas.
Despois dun ano de moitos coidados nos viñedos, a previsión final é que a colleita sexa abundante de calidade e cantidade.
Para elo as adegas necesitan contratar a moito persoal. Nunca finca como a de Lobeira poden traballar ata 92 persoas por día.
Todos os traballadores contan cos materiais necesarios para garantir a súa seguridade. Ademais, as adegas tamén se adaptan as normativas sanitarias, con tomas de temperatura nas entradas, quendas de entrada e saída e distancia de separación entre os traballadores. Se todo avanza segundo o previsto, as adegas estiman rematar a vendima en 5 días.