
{flowplayer}images/salnes/DiaMundialOceanos.flv{/flowplayer}
Dentro do programa “O sabor da aventura está no mar”, o departamento que dirixe Rosa Quintana puxo en marcha un concurso de banda deseñada relacionado co mundo mariño. Os gañadores do certame foron os cativos do CEIP Canosa-Rus de Coristanco.
Estes rapaces recibiron hoxe o seu premio; un roteiro para coñecer o mundo do mar. Primeiro deron un paseo a bordo do Chasula e despois visitaron unha conserveira e presenciaron a poxa do peixe.
Por outra banda, o servizo de gardacostas abriu esta mañá as portas da súa embarcación Punta Roncadoira para outro grupo de rapaces, neste caso algo máis pequenos.
Os membros da tripulación e o seu patrón explicáronlles as funcións destas embarcacións e a importancia dos gardacostas. Ademais, ó rematar a visita os nenos recibiron un diploma.
Redacción Salnés