O CEIP San Tomé de Cambados realiza unha veda solidaria de plátanos para recadar fondos para A Palma

CAMBADOS> O alumnado do CEIP de San Tomé realiza unha veda solidaria de plátanos para recadar fondos para A Palma. Cada mércores, os escolares de sexto instalan durante o recreo diferentes punto de venda desta froita. O resto de escolares os mercan por tan só un euro e a recadación destinarase ao CEIP La Laguna.

Os escolares do CEIP de San Tomé de Cambados mostran a súa cara máis solidaria realizando unha venda de plátanos para axudar ao colexio CEI a Laguna da Palma. Cada mércores, os nenos e nenas de sexto instalan diferentes puntos de venda desta froita que se pode mercar por tan só un euro.

A comunidade educativa do CEI a Laguna tivo que abandonar o seu centro sen poder levarse nada antes de que fora devorado pola lava. Agora continúan co curso noutro centro sen apenas materiais. Os cartos recadados destinaranse a adquirir material escolar para o centro.

E é que como ven explica o alumnado, os plátanos son de canarias e de gran calidade.

O obxectivo do centro é recadar 1500 euros, e as vendas foron bastante boas.

A iniciativa xurdiu dunha nai do Anpa e foi apoiada rapidamente polo resto da comunidade educativa do centro. Para o colexio é unha maneira de ensinar aos rapaces a ser solidarios e a traballar conxuntamente por un obxectivo.

Dende o centro xa se puxeron en contacto co CEI a Laguna para trasladarlle a súa iniciativa. As boas relacións co colexio da Palma permitirán desenvolver actividades en común. A primeira será unha vídeo chamada dende a illa canaria para agradecer o traballo dos estudantes. Ambos centros abren a porta tamén a establecer un irmandamento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí