Boas expectativas na primeira xornada da campaña do polbo

    fotopolbocopia.jpg CAMBADOS> Esta tarde subastáronse uns 900 quilos de polbo. Unhas cifras positivas tendo en conta que foron dez os barcos que saíron a faenar.

    {flowplayer}images/salnes/LonxaPolbo.flv{/flowplayer}

    Segundo o patrón maior de Cambados, e Presidente da Federación Galega de Confrarías, a veda que se estableceu dende o pasado 27 de maio favoreceu á especie, e este tipo de paróns son precisos.

    Os compradores pola súa banda mostráronse tamén bastante satisfeitos, tanto coa calidade do produto como cos prezos, que ó haber bastante cantidade foron asequibles. E tampouco fallou nesta primeira xornada a demanda.

    Moitos foron os compradores que se achegaron a esta lonxa na tarde de hoxe, pois esta é unha especie que, como nos dicían os compradores, o consumidor non deixa de demandar, e máis agora que chega o verán.

    Redacción Salnés