A firma D-Due inaugura a súa aposta pola artesanía galega

    dduelab copia100.jpgSANXENXO> Unha mestura entre tradición e deseño, que se pode atopar no Porto Deportivo da vila.

    {flowplayer}images/salnes/PROXECTO_DDUE_LAB.flv{/flowplayer}

    Calzar os zocos que levaban os nosos avós pode ser a última tendencia en moda. O proxecto Ddue- LAB é un experimento que combina artesanía de calidade e deseño para promover a súa venda no comercio internacional. Entre os artigos poderán atoparse dende medallóns ata panos ou incluso cestos. Os complementos formarán parte da nova colección primavera-verán 2012 da firma, que pretende aportar co seu toque persoal un valor engadido a estes produtos de sempre.

    A iniciativa ten como obxectivo a promoción do deseño e a artesanía galegos tanto en España como no panorama internacional . Tamén como medida para facer fronte á competencia das manufacturas baratas procedentes de Asia. É precisamente en Xapón e nos países asiáticos onde hai maiores expectativas de venda.

    Os artesáns e os deseñadores aínda están en proceso de perfeccionamento e deseño da colección, que conta cunha subvención de 10.000 euros por parte da Consellería de Economía e Industria.

    Redacción Salnés