Novo caso de maltrato animal en Barbanza

BARBANZA> O Seprona de Noia investiga a un veciño de Porto do Son que non lle deu a debida atención sanitaria ó seu can. O animal, rescatado polas voluntarias da canceira de Ribeira, padecía cancro e tiveron que amputarlle unha perna.

Este é Ghandi, o can rescatado hai uns días por voluntarias da canceira de Ribeira. Xa recuperado, o animal tivo que ser sometido a unha operación de calado, debido a unha infección que tiña nunha das súas patas dianteiras, o que obrigou a ter que amputarlla. Ghandi foi acollido por unha familia que lle brinda nestes momentos a atención debida, despois da intervención realizada nunha clínica veterinaria de Boiro, ó terlle detectado un sarcoma que se convertera en metástase.

Unha vez que tiveron coñecemento da nova, axentes do Seprona da Garda Civil de Noia iniciaron unha investigación por un presunto delito de maltrato animal contra o que era ata o de agora o seu propietario, un veciño de Porto do Son, que non lle ofreceu a Ghandi a debida atención sanitaria.

Comments are closed.