O alcalde de Portas pide axuda á Xunta para a cuberta da Azucreira e rematar o saneamento

    PORTAS> O delegado da Xunta en Pontevedra iniciou esta mañá a súa quenda de contactos cos novos alcaldes. José Manuel Cores Tourís mantivo o seu primeiro encontro co rexedor de Portas, o tamén popular Víctor Estévez. Unha nova cuberta para a Azucreira e completar a rede de saneamento, son algunhas das peticións que se puxeron sobre a mesa.

     

    O despacho do novo alcalde de Portas foi a primeira parada do delegado da Xunta en Pontevedra. José Manuel Cores Tourís e Víctor Estévez mantiveron esta mañá a súa primeira xuntanza, para recoller as necesidades máis urxentes do concello que necesiten do apoio do goberno autonómico.

    Cores Tourís enmarcou este encontro nunha serie de reunións que manterá cos rexedores dos concellos que mudaran de goberno despois do 24 de maio.

    Dentro dos 18 encontros previstos, o delegado reunirase cos rexedores de Vilagarcía, Barro, A Illa de Arousa, Cambados, Ribadumia, O Grove e Sanxenxo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/06/touris_alcalde_portas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/06/touris_alcalde_portas.mp4{/flowplayer}