Flores e candeas en memoria das vítimas da violencia de xénero

    diacontraviolenciaxenero100.jpgBARBANZA> A conmemoración do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, cobrou este ano maior relevancia na comarca do Barbanza.

    {flowplayer}barbanza/diacontraviolenciaxenero.flv{/flowplayer}

    Non quedou ningún concello por sumarse á celebración desta data simbólica. A maioría fixérono a través de actos conmemorativos, declaracións institucionais ou lecturas de manifestos que congregaron a numeroso público que quixo amosar así os eu rexeitamento á violencia sexista.

    Vítimas

    En Noia, viviuse esta data de xeito especial xa que a vila permanece aínda conmocionada polo asasinato dunha das súas veciñas durante o pasado mes de maio. Ademais de gardar un minuto de silencio acendéronse candeas, unha por cada unha das vítimas mortais no que vai de ano.

    Pero á parte dos actos conmemorativos, dende o centro de información á Muller resaltaron a importancia de traballar durante todo o ano no ámbito da prevención, especialmente entre a mocidade.

    Denuncias

    Dende a asesoría xurídica do CIM insisten tamén na importancia de denunciar xa que contamos cuns mecanismos xurídicos que garanten a protección efectiva da vítima.

    A pesar dos avances sociais acadados en materia de igualdade ó longo das últimas décadas, os datos seguen a dar moito que pensar. No que vai de ano en Galicia tramitáronse 1.110 ordes de protección, cifra que amosa ben ás claras o longo camiño que aínda queda por percorrer ata lograr a plena igualdade entre homes e mulleres.

    Redacción Barbanza