UUAA presentará recurso de alzada ás 148 sancións ós viticultores

    uuaacopy.jpgPONTEVEDRA> Segundo o secretario xeral do sindicato, Roberto García, trátase dunha decisión arbitraria con indicios de prevaricación.

    {flowplayer}images/salnes/UUAA_RIAS_BAIXAS_29122011.flv{/flowplayer}

    Unións Agrarios anunciou esta mañá que presentará un recurso de alzada, previo contencioso administrativo, ás 148 sancións ós viticultores por ter excedido as cotas de produción o ano pasado tal e coma deu a coñecer a Consellería do Medio Rural.

    Nun principio foron 733 as sancións ós viticultores que o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas comunicou á Consellería do Medio Rural relativas ó 2010. Finalmente só se fixeron efectivas 148. Ante esta situación, Unións Agrarias presentará recurso de alzada a estas propostas de sanción ante o que consideran unha decisión arbitraria e con indicios de prevaricación.

    Ademais, segundo Unións Agrarias as propostas de sanción só van dirixidas a viticultores e non a parcelas, cando o incremento do rendemento se produce nelas. Ó tempo, explicou Roberto García, a ilegalidade a cumprirían as adegas xa que son elas as que comercializan uva correspondente a eses excesos.

    Ante esta situación, desde Unións Agrarias reclaman a celebración de eleccións urxentes ó Consello Regulador para que se estableza, sinalaron, un equilibrio entre viticultores e adegas. Para elo poñen tres condicións.

    Por último, o secretario xeral lembrou que desde o sindicato seguen agardando a resposta do Conselleiro do Medio Rural ó recurso de alzada que presentaron ás sancións relativas ó 2009.

    Redacción Salnés