Os Reis Magos visitarán mañá tódolos Concellos das Rías Baixas

    CAMBADOS>Os Reis Magos ultiman entre hoxe e mañá as súas últimas compras para a gran noite máxica do ano, que se celebrará mañá…

    {flowplayer}images/salnes/compras_xoguetes_reis.flv{/flowplayer}

    … xoves. Namentres os Tres de Oriente dedicarán a tarde a pasearse a distintas horas polos distintos Concellos das Rías Baixas, á noite valeranse da maxia para recalar en tódolos fogares das nosas comarcas para deixarlle ós nenos e nenas ós regalos que pediron, sempre tendo en conta o ben que se portaran na casa nos últimos meses.

    Entre os xoguetes favoritos dos raparigos encontramos os videoxogos, mesmo para as idades máis temperás, destacando tamén o incremento na venda dos xogos de mesa clásicos como o Trivial ou o Conecta 4.Aínda que o boom deste ano, foron sen dúbida as bonecas Monster High, da mesma empresa que lanzou no seu día ás Barbies.

    Malia a crise, os Reis Magos están a facer un verdadeiro esforzo para que os pequenos e pequenas que se portasen ben poidan ter o agasallo desexado. A media de inversión por neno ou nena é de entre os 80 ou 90 euros.

    Unha cantidade moito máis elevada da que contou o Pai Noel este ano, co que, alomenos no xeral da comarca, os de Oriente serán máis xenerosos que o anglosaxón residente en Laponia. Agora só queda portarse ben nestas últimas horas para poder ver ós Reis nas distintas Cabalgatas organizadas en tódolos Concellos. E logo, deitarse cedo, non sen antes deixar algo de comer e de beber ós Magos e ós seus camelos, que mañá terán unha das xornadas de traballo máis duras do ano.

    Redacción Salnés