PONTEVEDRA> A Semana Galega de Filosofía regresa a Pontevedra coa súa 37ª edición. Un evento que se levará a cabo do 5 ao 9 de abril na cidade e cuxo tema principal será a “civilización dixital”.
Pontevedra volver a acoller a Semana Galega de Filosofía. A 37ª edición recuperará a temática que xa se anunciara o pasado ano e que tivo que ser suspendida pola pandemia.
Aínda que nesta ocasión se recortou o programa, algúns dos convidados se manteñen. Iso si, a organización tratou de dar prioridade aos relatores galegos. O alcalde mostraba así hoxe a súa satisfacción con que Pontevedra volva a acoller este evento.
A Semana Galega de Filosofía levarase a cabo do 5 ao 9 de abril e, con motivo da pandemia, o evento combinará a modalidade en liña coa presencial. O resto da programación será anunciada este venres.