RIBEIRA> Medio cento de mozos e mozas participarán nas xornadas que esta fin de semana organiza en Ribeira Galiza Nova. Unha convivencia de dous días nas que se mesturarán as actividades formativas co tempo de lecer, no que gozarán das posibilidades que ofrece a comarca do Barbanza.
Roteiros históricos e naturais, actos culturais, debates, literatura ou música, son algunhas das actividades que se enmarcasn na vixésimo sétima edición das Xornadas da Mocidade, que nesta ocasión elixíu a comarca do Barbanza, e en concreto o concello ribeirense, para a súa celebración. A xornada do domingo comezará con debates abertos, arredor da situación da mocidade galega na sociedade. Tódalas actividades son de balde, terán lugar na casa da Xuventude de Ribeira, e pode anotarse todo aquel que estea interesado en participar. Poden informarse na web www.galizanova.gal o unas redes sociais da agrupación.