O Arosa sinala a unión do equipo e o apio da afección como as claves do ascenso

VILAGARCIA> O Arosa ascende á segunda b, agora chamada segunda federación, 28 anos despois. Dende o equipo sinalan a unión da plantilla e ao apoio da afección como as claves deste éxito.

O soño do Arosa e dos seus afeccionados fíxose realidade, o club vilagarcián xogará na segunda b, agora chamada segunda federación, a vindeira tempada. O éxito chega trala vitoria na Lomba por 2 a 0 ante o Somozas.

O capitán sinala como clave deste éxito a unión do equipo.

O Arousa volverá a xogar na categoría nacional 28 anos despois.

Nas últimas semanas toda Vilagarcía mostrou o seu apoio ao equipo. Tanto o club como a plantilla sinalan á afección como a outra clave do éxito.

O ascenso é un premio ao bo traballado da directiva de Manomo Abalo dende hai 10 anos. mentres o club xa pensa na outra tempada, os xogadores e afeccionados aproveita para descansar e celebralo.

O Arosa xa coñece aos rivais cos que competirá vindeira tempada. Ademais dos equipos galegos, o club de Vilagarcía terá que desprazarse a Asturias, Castela León e Madrid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí