Sanxenxo estrea este sábado as dúa liñas de transporte circulares e o bus lanzadeira

SANXENXO> Sanxenxo estreará este sábado dúas liñas de transporte urbano circulares e un autobús lanzadeira. Este último terá o seu punto de partida do polígono de Nantes, onde se vai habilitar un aparcadoiro disuasorio para uns 300 coches. As tres liñas estarán dispoñibles ata o vindeiro 8 de setembro. Esta mañá o alcalde e a directora xeral de Mobilidade da Xunta probaron este novo servizo lanzadeira, facendo todo o seu percorrido.

A partir deste sábado Sanxenxo contará con dúas liñas circulares de autobús e unha lanzadeira. Este mañá, o alcalde xunto coa directora xeral de Mobilidade da Xunta probaron este último servizo que terá punto de inicio e fin no polígono de Nantes.

Para este servizo de lanzadeira, o concello está habilitando no polígono de Nantes unha parecela municipal de 10.000 cadrados para convertela en aparcadoiro disuasorio. Terá capacidade para uns 300 vehículos.

Ao mesmo tempo tamén se porán en marcha dúas liñas circulares, unha polo interior do concello e outra pola costa, que percorrerán as parroquias de Adina, Nantes, Noalla, Vilalonga e Padriñán. Terán saída na igrexa de Sanxenxo e, en conxunto, un total de 58 paradas.

O servizo estará dispoñible ata o 8 de setembro, co obxectivo de reducir o uso do coche particular nos meses de verán.

Estas liñas de autobús son posible grazas a un covenio entre a Xunta, o Concello e a empresa Mombus.