A POBRA> A Conselleira do Mar facía estas declaracións no transcurso dun acto na Pobra no que mantivo unha xuntanza co presidente do Apostolado do Mar, o monseñor Luís Quinteiro. Tivo lugar a bordo do buque de Gardacostas Irmáns García Nodal, atracado no porto comercial da Pobra.
O primeiro acto do monseñor Luís Quinteiro tras ser nomeado polo Vaticano presidente do Apostolado do Mar tiña lugar na Pobra, onde mantivo unha xuntanza coa Conselleira do Mar. A bordo do buque de gardacostas Irmáns García Nodal tiveron ocasión de intercambiar impresións sobre os postulados desta entidade que coinciden en gran medida co labor que desenvolve o servizo de Gardacostas.
O Apostolado do Mar, unha organización internacional nacida no seo da igrexa católica, ten por obxectivo prestar asistencia espiritual ás xentes do mar, tanto traballadores como as súas familias, independentemente da súa relixión.











