![]()
A ILLA> A Joaquín Señoráns, cliente de Novagalicia Banco e afectado polas ‘participacións preferentes’, non lle deixaron entrar na sucursal da Illa.
{flowplayer}images/salnes/preferentes_illa_180512.flv{/flowplayer}
Os ánimos están cada vez máis caldeados entre os afectados polas chamadas participacións preferentes. Na Illa de Arousa volvéronse a concentrar diante da sucursal de Novagalicia Banco. Comezou sendo unha protesta pacífica, pero acabou cunha pequena revolta, en canto lle impediron entrar a un dos manifestantes.
A protesta fixo necesaria incluso a presencia dun axente da policía local. Nun principio bloqueouse a entrada e saída a calquera que se achegara á sucursal. O que deixou fóra a moitos mariñeiros e mariscadoras para os que hoxe era día de cobro. Finalmente abriuse a porta, e permitiuse o paso, pero de xeito controlado.
A maioría destes afectados levan décadas sendo clientes desta entidade bancaria e considéranse estafados. Esperan que as administracións deixen de lado as palabras e pasen á acción para solucionar este asunto. Unha solución, que para eles pasa porque lles devolvan o diñeiro ou porque lle troquen as participacións preferentes por outros productos avalados polo goberno.
Redacción Salnés







