Rosa Quintana respalda a labor do Intecmar

BARBANZA> A conselleira do Mar, Rosa Quintana, respaldou en sede parlamentaria o traballo que realiza o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia. Responde así as críticas realizadas polo BNG, que criticou os retrasos na elaboración das probas, que leva a moitas confrarías a ter que contratar con laboratorios privados novas analíticas.

A titular de Mar, Rosa Quintana, respondeu no Parlamento a unha pregunta formulada pola deputada do BNG, Rosana Pérez, na que poñía en dúbida o correcto funcionamento do Intecmar. Segundo  a nacionalista o centro ten un custe anual de 3,6 millóns de euros, pero só traballa de luns a venres.

A nacionalista puxo coma exemplo a situación vivida hai varias semanas na confraría de Noia, que ó non dispor dos informes do Intecmar durante a fin de semana, tivo que recorrer ás análises realizados polo laboratorio privado para coñecer cal era a situación da toxina para poder iniciar a súa actividade o luns. Unha circuntancia que negou a Conselleira.

Quintana lembrou ademais que o Intecmar é un centro de referencia mundial que conta cunha grande e recoñecida experiencia na materia, un feito polo que é unha aposta blindada do Goberno Autonómico que queda patente coa tendencia de orzamentos crecentes rexistrada desde 2013.

Ademais, destacou a eficacia, axilidade e transparencia do centro, o único laboratorio europeo que ten toda a información en tempo real na súa web a disposición de investigadores e cidadáns.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí