O BNG de Sanxenxo propón a creación dun parque de aventuras

SANXENXO> O BNG de Sanxenxo propón a creación dun parque de aventuras municipal. O obxectivo é fomentar a socialización e a inclusión dos nenos respectando o medio ambiente.

A nova proposta do BNG de Sanxexo consiste na creación dun parque de aventuras. A zona de ocio estaría situada nun monte propiedade do concello e faríase con materiais naturais. O campamento estaría destinada a todas ás idades.

O obxectivo é fomentar a socialización e a inclusión dos nenos.

A candidata do BNG asegura que ó ser unha instalación social podería ser coofinanciada con outras administracións.

Segundo o BNG as vantaxes deste espazo serían: A inclusión social, a posibilidade de que aqueles nenos que non podan ir de vacacións teñan un espazo para gozar e a localización; ó estar situado na vila os país poden deixar ós nenos durante o día e recollelos á noite.