BOIRO> Boiro Novo volve reclamar a partida de medio millón de euros comprometida polo goberno central para a rehabilitación do Pazo de Goiáns. Confían en que o novo executivo encabezado por Pedro Sánchez axilice os trámites para transferir os fondos ó concello de Boiro. Durante a pasada lexislatura, o grupo En Marea presentou diversas iniciativas no Congreso dos Deputados para a rehabilitación do Pazo de Goiáns que foron rexeitadas sistematicamente polo goberno do PP. Agardan que esta situación mude agora que accedeu ó poder un goberno socialista. Algo similar acontece coa recuperación medioambiental do Esteiro, afectado polos constantes vertidos da rede de saneamento. Estas non serán as únicas iniciativas que volve presentar En Marea que ten por obxectivo recuperar aqueles proxectos debatidos no Congreso que, no seu día, contaron co voto favorable do PSOE.
Inicio BARBANZA