![]()
PONTEVEDRA> Un veciño de Ribadumia, RFB, de 34 anos, está acusado de branqueo de capitais.
{flowplayer}images/salnes/xuizo_drogas_ribadumia.flv{/flowplayer}
No xuízo, que tiña lugar esta mañá na Audiencia Provincial de Pontevedra, a Fiscalía asegurou que este arousán mercou un piso de case 90 metros cadrados, con garaxe e trasteiro en Barrantes, situado enriba dunha coñecida cafetería que hai na Travesía de Bouza Martín no ano 2007, con cartos procedentes do tráfico de drogas. O acusado asegura que a compra foi feita grazas ós seus aforros e á axuda dos seus pais.
A Fiscalía dá por certo que o acusado era reincidente no tráfico de drogas; delicto polo que xa estivera en prisión e polo que foi detido posteriormente dúas veces; unha delas cando presuntamente facía de intermediario para a venda de cocaína en Boiro; e noutra cando circulaba nun vehículo como “lanzadeira”, o vehículo que vai antes doutro que si porta droga.
Sospeita o Fiscal que os cartos cos que pagaba o piso e os que ingresaba periodicamente nas contas de seus país procederían desa actividade ilícita. Punto que negou o arousán, asegurando que el levaba traballando en diversas actividades desde os 13 anos, tanto de camareiro no bar da súa parella como de furtivo; punto que confirmaron as testemuñas da defensa.
Entre estas testemuñas figuraba a parella do acusado, quen admitiu que os ingresos dos dous poderían sumar uns 6.000 euros mensuais; entre o bar que ela posuía e o traballo como camareiro e de mariscador en B del; unha cantidade da que aforraban gran parte. Por este delicto continuado de branqueo a Fiscalía solicita cinco anos de cadea e 125.000 euros de multa. O caso quedou visto para sentencia.
Redacción Salnés









