Portas estrea a súa primeira depuradora

108

PORTAS> Portas estrea depuradora. É a primeira instalación deste tipo q           ue comeza a funcionar na localidade. A EDAR ten capacidade para trata-las augas residuais dun milleiro de veciños da parroquia de Portas.

A estación depuradora de augas residuais de Portas xa é unha realidade. A EDAR foi inaugurada esta mañá. É a primeira infraestrutura deste tipo na localidade.

Esta depuradora de leito bacteriano está situada na beira do río Chaín, na parroquia de Portas. Vai dar servizo á poboación da zona, aínda que a construción aspira a depura-las augas residuais de 1.000 habitantes.

O rexedor recoñece que aínda quedan dúas asignaturas pendentes na localidade: as depuradoras para as parroquias de Romai e Lantaño.

A instalación desta depuradora de Portas levou aparellada diferentes actuacións como a mellora do acceso á parcela, a urbanización do seu interior  e a colocación dunha caseta auxiliar para cadros eléctricos e un almacén.

A infraestrutura converteuse en realidade grazas a unha acehga de case 213.000 euros procedentes do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. Dende o ente provincial salientan o investimento feito no municipio no que vai de lexislatura.