O Intecmar amosa os seus avances en automatización á Rede Nacional de Laboratorios de Biotoxinas Mariñas

VILAGARCÍA> Hoxe tivo lugar no Intecmar unha reunión da Rede Nacional de Laboratorios de Biotoxinas Mariñas. No encontro puxéronse sobre a mesa as últimas análises e as problemáticas que están a atopar. Alfonso Villares aproveitou tamén para visitar o laboratorio de toxinas mariñas do Intecmar, que acaba de automatizar varias operacións.

O intecmar de Vilaxoán continúa avanzando no seu proceso de automatización. As instalacións contan agora cunha nova ferramenta para algunhas das súas tarefas máis laboriosas. Unha delas no denominado método de PSP.

O conselleiro do Mar vistiou as instalacións deste laboratorio, salientando que Galicia está á vangarda do sector.

Os representantes da Rede Nacional de Laboratorios de Biotoxinas Mariñas tiveron ocasión de coñecer hoxe as novidades implementadas nas instalacións de Vilaxoán. Fixérono logo de celebrar aquí a novena reunión da rede. Un encontro que serve de posta en común dos avances e problemas detectados.

A xornada rematou esta tarde cunha visita a industrias da zona relacionadas co sector do mar.