CAMBADOS> Toque de atención do BNG de Cambados pola crise que atravesa o cuadripartito local, do que os nacionalistas forman parte. Falan de descoordinación entre os grupos que compoñen o executivo, recoñecendo que a acción de goberno se limita a unha sucesión de improvisacións. Aseguran que levan meses advertindo da situación e que a pinga que reborda o vaso foi a moción sobre a adquisición do pazo de Montesacro que, segundo eles, foi modificada nunha reunión clandestina sen contar co Bloque.
As cousas andan revoltas polo cuadripartito de Cambados. O BNG saíu hoxe á palestra para evidenciar a crise que atravesa o executivo. Falan de descoordinación e improvisación.
Din que levan tempo advertindo desta situación é que a pinga que rebordou o vaso foi o acontecido no último Pleno, pola moción presentada polo equipo de goberno sobre o Pazo de Montesacro que incluía unha modificación sobre o financiamento da súa compra a proposta de Cambados Pode que, asegura o BNG, eles descoñecían.
Os nacionalistas téndenlle a man a PSOE, Somos Cambados e Cambados Pode para reconducir a situación e que o cuadripartito teña futuro.
E anuncian que convocaron unha reunión do seguimento do pacto de goberno, algo que pode facer calquera dos grupos do executivo. A intención dos nacionalistas é que esa reunión de coordinación se celebre neste mes.











