¿Volverá a sorrirlle a sorte á administración de Ribadumia?

    RIBADUMIA> Os dous quintos premios repartidos nos últimos tres anos co Gordo, fan que repunten as ventas da Lotería do Neno.

    {flowplayer}images/salnes/VentasSorteoNeno_020113.flv{/flowplayer} 

    Despois de vender dous quintos premios do Gordo da Lotería de Nadal nos últimos tres anos, na Administración número 1 de Ribadumia agardan que a sorte lles volva a sorrir. O certo é que o sorteo do Neno, segundo as estadísticas, é máis sinxelo que toque. Aquí en Barrantes, agardan que a sona acadada nas últimas datas lles permita obter un repunte de ventas despois dun ano no que estas baixaron.

    Para o Neno, os supersticiosos volven a confiar nos números de sempre. As terminacións en 7 ou 5 son as máis vendidas aínda que o 8 colleu forza despois do Nadal.

    Na administración número 1 de Ribadumia agardan que non haxa dúas sen tres e que poidan seguir repartindo alegrías pola contorna.

    Redacción Salnés