![]()
O SALNÉS> Sobe tamén o prezo da bombona. En contra do que afirmou o Ministro de Industria, José Manuel Soria, fai menos dun mes…
{flowplayer}images/salnes/enquisa_prezo_butano.flv{/flowplayer}
… este ben básico ven de aumentar o seu prezo, se ben non por cousa do IVE, por mor do gravame dun imposto especial sobre hidrocarburos, que penaliza a partires deste ano o consumo destes combustibles. Deste xeito a bombona laranxa de toda a vida custa a día de hoxe 16,32 euros; 22 céntimos, un 1,3 % máis que fai un par de semanas. Esta enésima suba ven a desgustar á cidadanía das Rías Baixas que non sabe que máis pode facer para chegar a fin de mes.
Tras tanto incremento, a veciñanza non dá feito números neste costa de xaneiro máis empinada que nunca.
O desconcerto é tal que só cabe consolarse agardando a que cheguen tempos mellores. Respecto ó ano pasado a bombona de butano custa tres euros máis, o que significa un encarecemento do 23.6 %. E é que fai agora un ano pagabamos por ela 13´20 euros.
O seu prezo record bateuno o pasado mes de xullo cun custe de 16´55 euros a unidade.
Redacción Salnés









