BOIRO> En Boiro continúa o operativo de busca de Félix Triñanes , desaparecido dende a noite do pasado luns.
Nada se sabe polo de agora do seu posible paradoiro.
A melloría do tempo permitiu reanudar esta mañá a súa busca en zonas próximas a onde apareceu o seu vehículo, na praia de Mañóns.
No operativo traballan un total de cinco patrullas de Seguridade Cidadá e do Servizo Cinolóxico de busca de persoas da Garda Civil, e tamén efectivos de Protección Civil e da Policía Local.
Tamén se rastrexan as zonas rochosas próximas a este areal e as inmediacións da súa vivenda. Uns traballos nos que colaboran tamén numerosos veciños e mariscadores.











