Fexdega convértese nun complexo sanitario improvisado con máis de mil vacinacións diarias e un cribado aos mozos de 20 a 29 anos

VILAGARCIA> Vilagarcía converte Fexdega nun complexo sanitario fronte a Covid. A instalación adaptouse para realizar máis de mil vacinacións diarias. Esta semana tamén ten lugar un cribado entre a poboación de 20 a 29 anos.

O concello de Vilagarcía e o Sergas adaptaron a nave feiral de Fexdega para a creación dun punto provisional de loita contra a coivid. Na instalación lévanse a cabo as vacinación dende hai meses, pero debido ao gran aumento dos contaxios, o sergas realiza un cribado estes días entre a poboación de 20 a 29 anos.

Nesta franxa de idade rexístrase a maior parte dos contaxios, a vila rexistra hoxe 91 casos activos. Para a poboación a situación é bastante preocupante.

Á vez que se realiza o cribado, en Fexdega continúan coas vacinacións. No centro hai un equipo formado por máis de 8 enfermeiros que vacinan cada a día a máis de mil persoas.

Case o 90% dos citados acoden a vacinarse. Na actualidade a franxa de idade dos vacinados e de 30 a 39 anos. Os enfermeiros resaltan a importancia do cambio de instalación.

A vacina que se administra é diferente cada semana. Estas datas os vacinados reciben a Pfizer. A previsión é rematar con esta franxa de idade a mediados deste mes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí