O BNG aspira a liderar o cambio para transformar Boiro nun concello de futuro

BOIRO> O BNG aspira a liderar o cambio de goberno en Boiro. A súa candidata, Raquel Suárez, presentou algunhas das liñas básicas que conformarán o seu programa nun acto que contou coa presenza da voceira nacional, Ana Pontón.

O compromiso de Raquel Suárez con Boiro e os boirenses é o principal motor da súa candidatura para o próximo 28 de maio. Aspira a liderar un goberno de cambio que contribúa a transformar Boiro.

No acto de presentación desenvolvido este domingo participou a portavoz nacional do BNG quen destacou a valía da candidata.. Ana Pontón augurou tamén un gran resultado para o BMG nestas municipais, consolidándose como a forza que máis vai medrar.

Ademais do aval do traballo feito dende a oposición, Raquel Suárez presenta como valor seguro un equipo profesional, comprometido e ilusionado. Dará a coñecer os nomes dos membros da lista nun acto que terá lugar o 22 de abril á oito e media da tarde na Abadía de San Enrique.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí