Aempe lanza unha campaña para fomentar a compra no comercio local tras a crise do coronavirus

PONTEVEDRA> Os ERTEs son sen dúbida a ferramenta máis utilizada polas empresas nesta crise sanitaria. Unha medida que, dende a Asociación de empresarios de pequena e mediana empresa de Pontevedra, entenden que beneficia a todas as partes implicadas. Sen embargo, o presidente deste colectivo pide maior axilidade na súa tramitación.

As medidas tomadas polo Goberno co obxectivo de frear a crise do coronavirus están a deixar numerosas incógnitas sobre a mesa. A principal, o impacto que esta alerta sanitaria deixará na nosa economía. Dende a Asociación de empresarios de pequena e mediana empresa de Pontevedra cualifican estas medidas como boas pero insuficientes e aseguran que presentan un problema no seu desenvolvemento.

O presidente de Aempe está convencido de que os ERTES son unha boa ferramenta para paliar as consecuencias económicas desta crise sanitaria. Sen embargo, José María Corujo asegura que esta medida presenta dificultades na súa tramitación.

Outra das preguntas que está sen resolver é o tempo que durará este estado de alarma. Polo de pronto, ata o 12 de abril. Pero como será o día despois desta emerxencia sanitaria?

O obxectivo da Asociación de empresarios de pequena e mediana empresa de Pontevedra está claro. Fomentar a compra no comercio local cando remate esta crise do coronavirus. Para iso, o colectivo pontevedrés lanzou nas súas redes sociais esta campaña titulada “Espéranos”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí