Rescatan grave a un home que se precipitou pola ponte da Barca

PONTEVEDRA> Segundo transcendeu, trataríase do exconcelleiro do Partido Popular Enrique Magdalena, que foi edil durante a etapa de Juan Luis Pedrosa á fronte do PP. Aconteceu a primeira hora da tarde de onte. A rápida intervención dos axentes da Policía Local e bombeiros fixo que puideran rescatar á vítima con vida e reanimala, aínda que a gravidade do seu estado fixo preciso o seu ingreso na UCI do Hospital Montecelo. A confusión que rodeou o suceso foi moita desde que se dou a voz de alarma e nas horas seguintes, e tamén a espectación, ó coincidir coa saída de clase de moitos estudantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí