Tres detidos por un atraco frustrado

BOIRO> A Garda Civil de Boiro precedeu onte á detención de tres mozos, dous da localidade boirense e outro de Noia, de idades comprendidas entre os 20 e os 30 anos, como supostos autores do asalto a unha vivenda en Cabo de Cruz. Segundo informaron fontes do Instituto Armado foron sorprendidos pola propietaria do inmoble. Varios veciños, que presenciaron os feitos, conseguiron reter a un dos ladróns, mentres os outros dous conseguían fuxir, logrando recuperar algúns dos obxectos que anteriormente foran subtraídos do interior da vivenda. Máis tarde unha patrulla do cuartel de Noia conseguiu localizar e deter ós dous ladróns que lograran fuxir do lugar dos feitos, trasladándoos ás dependencias da Garda Civil de Boiro. Os tres mozos xa pasaron a disposición do Xulgado de Garda de Ribeira.