A ABE e o Banco Sabadell asinan un convenio de colaboración

    BOIRO> O acordo permitiralle ós asociados da patronal boirense poder dispoñer dun conxunto de produtos e servizos financieiros con importantes vantaxes. O presidente da Asociación Boirense de Empresarios, Óscar España, e o director de zona de Banco Sabadell, Juan Luis Candamo Fernández, asinaban esta mañá o convenio de colaboración entre as dúas entidades, en virtude do cal e entidade financieira porá a disposición de tódolos socios da patronal boirense un conxunto de productos e servizos financieiros, personalizados e en condicións preferentes. Dende a ABE valoraron moi positivamente este acordo, xa que permitiralle á Asociación aumentar a oferta de servizos para os seus asociados, cunha ampla variedade de servizos financieiros moi competitivos e un asesoramento personalizado. O convenio de colaboración asinado hoxe terá unha vixencia de tres anos, coa posibilidade de amplialo se as dúas partes están de acordo.