Cinco detidos en Ribeira polo roubo de material de obra en vivendas e fábricas

RIBEIRA> A Policía Nacional detivo a un veciño de Ribeira no marco do proxecto Empact da EUROPOL contra o roubo de metais. O detido, de vinte e seis anos de idade, e natural do municipio barbanzán, foi sorprendido mentras tentaba manipular unha tonelada de metal que previamente roubara dunha empresa da localidade. O individuo, que conta con antecedentes por delitos contra a propiedade, xa foi posto a disposición xudicial. Por outra parte, os axentes procederon tamén á detención doutras catro persoas como presuntos autores de roubos con forza en varios edificios en construción e vivendas desocupadas. Parte do material subtraído puido ser recuperado en Santiago. Dous dos detidos son naturais de Pontevedra, un de Valga e o último é un cidadán chileno en situación ilegal polo que se lle vén de incoar o expedienre de expulsión. os outros tres detidos xa pasaron a disposición do Xulgado de Garda de Ribeira.