Abadía de San Campio acada o primeiro premio en Cambados

    CAMBADOS> Abadía de San Campio da adega Terras Gauda do Rosal ven de ser recoñecido como o mellor viño na Festa do Albariño de Cambados. Nesta vixésimo sexta edición tamén resultaron premiados a Quinta de La Erre, tamén do Rosal; e como terceiro premio Lagar da Costa, de Castrelo- Cambados.

    A Festa do Albariño de Cambados rematou co tradicional xantar albariñense, onde se entregaron os premios da vixésimo sexta Cata Concurso Rías Baixas Albariño. Nesta ocasión o gañador foi o viño Abadía de San Campio da adega Terras Gauda do Rosal. Unha adega que xa fora recoñecida neste certame no ano 1993. O segundo premio foi tamén para o Rosal, para o Albariño Quinta de la Erre da adega do mesmo nome que rexenta o matrimonio José Santiago Rodríguez e Eva Rubal. Unha empresa esta, Quinta de la Erre, de recente creación, que aposta por manter a tipicidade da zona de Eiras, onde naceron os caldos do Rosal. A medalla de bronce quedou na casa; na adega Lagar de Costa, de Castrelo. Este recoñecemento premia o saber facer dunha adegueira nova que procede dunha familia de fonda raizame na viticultura. Xunto ca entrega de premios, cabe salientar neste xantar a lectura do pregón por parte do embaixador xaponés Satoru Satoh; quen tamén ven de ser escollido Cabaleiro do Albariño. Xunto co embaixador, tamén estivo presidindo o xantar o Presidente da Xunta, que aproveitou o seu discurso para gabar o traballo cada vez máis esixente de viticultores e adegueiros desta DO.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/04/ganador.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/04/vinos_premiados_cata_concurso_nova.mp4{/flowplayer}

    1 comentario

    1. Hello. Very interesting content but it’s hard to find canalriasbaixas.com in search results.
      You are out of google’s top 10, so you can’t expect big traffic.
      You need high quality backlinks to rank in serps. And you can get them
      for free, just search in google: forbesden’s tools

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí