Catro persoas evacuadas ao arder unha lancha en San Vicente

O GROVE> Susto en San Vicente do Mar, en O Grove. Cara o mediodía ardía unha embarcación de recreo a escasos metros do porto deportivo de Pedras Negras, apenas unha semana despois do incendio no catamarán na ría de Arousa. Tratábase dunha lancha de recreo con catro ocupantes que non resultaron feridos de gravidade.

Nove días despois do incendio que devorou un catamarán turístico na ría de Arousa, o lume volveu deixar hoxe outro susto en augas mecas. Pasada a unha do mediodía producíase unha explosión nunha pequena lancha de recreo preto do peirao de Pedras Negras, en San Vicente.

O estoupido que precedeu ao lume chamou a atención dos bañistas e dos socorristas do concello de O Grove, que nese momento tiñan a embarcación en Pedras Negras. Rapidamente desprazáronse a socorrer os catro ocupantes da lancha, unha parella e dous nenos, que se atopaba a uns 300 metros da costa.

A embarcación xa foi remolcada ata o porto. Alí a Policía Xudicial realizará as súas pesquisas para intentar atopar a orixe da explosión e do lume.

Dos catro ocupantes da lancha, a nai foi a única que resultou ferida por queimaduras de carácter leve.