VILAGARCÍA> Tamén O Salnés se sumou a esta xornada de paros laborais en solidariedade con Palestina. A CIG orgranizou unha concentración ás portas de Ravella, mentres que CCOO e a UXT impulsaron un acto conxunto ante a súa sede na cidade.
Aínda que marcharon por separado CIG e CCOO e UTX coinciden no fondo do programa: que malia o acordo de paz entre Israel e Hamás os crimes contra o pobo palestino persisten. No Salnés, as tres forzas sindicais saíron á rúa nesta xornada de folga e paros laborais. En Vilagarcía, o principal acto foi o da CIG, diante da casa do concello. Na central nacionalista falan dun amplo seguemento.
Pola súa banda, CCOO e a UXT organizaron un acto conxunto fronte á súa sede da rúa Castelao.
Alí deron lectura a un manifesto cun 15 medidas en defensa da paz e dos dereitos do pobo palestino, entre eles, que o alto o fogo sexa permanente e verificable, que se asegure a axuda humanitaria, que se apoie a reconstrución de Gaza ou se prohiba o comercia de armas con Israel.
A xornada de mobilizacións rematou en Vilagarcía á tarde con outra concentración da CIG na praza de Galicia.











