Ribadumia recuperará a xestión das taxas do servizo de auga

RIBADUMIA> Finalmente o concello de Ribadumia recuperará a xestión das taxas municipais despois do problema que hai uns meses xurdiu polos cobros acumulados que afectaron aos cidadáns da localidade.
O concello de Ribadumia aprobou en Pleno a devolución das competencias de cobro de taxas e impostos derivados dos servizos municipais de augas, que ata o de agora, cobrábase no ORAL, organismo tributario da Deputación. Deste xeito o consistorio recuperará esta xestión despois dos problemas xurdidos con cobros atrasados.
Castro sinalou que agora deben xestionar os contratos existentes co ORAL, e sinalou que as negociacións coa Deputación de Pontevedra responsable do servizo van por bo camiño.
Todos os veciños interesado poderán acudir a unha charla informativa prevista para o 16 de xaneiro, as oito e media da tarde, no Auditorio Municipal de Ribadumia .
O feito de que o consistorio asuma a xestión directa de estes impostos podería supoñer as arcas municipais un aforro cercano aos 100.000 euros.
Dende o concello sinálase que o recibo da auga cobrarase dende este mesmo ano en dous recibos, o que supón un cada seis meses, en substitución do cobro único anual que se viña levando a cabo ata o de agora.