As limitacións de tamaño lastran a volta do reló ás lonxas

    CAMBADOS> O reló intenta recuperar o seu posto nas lonxas de Arousa. Despois de sete anos fóra do mercado, a Xunta deu permiso aos rañeiros para volver capturar esta especie. Así as cousas, os prezos que acada este bivalvo están a ser modestos. O máximo rexistrouse na lonxa cambadesa, cando se pagaron 1,76 euros o quilo.

     

    Despois de sete anos fóra do mercado, o reló está intentando recuperar os seus clientes.

    No 2008 a Xunta afastou do mercado o reló pola súa tendencia a acumular chumbo. O pasado 16 de decembro, a Consellería do Mar daba luz verde á captura desta especie, chamada a mellorar as economías dos rañeiros despois dos malos resultados nas campañas de marisqueo. Polo de momento, os prezos son modestos. En Cambados, a lonxa onde máis se chegou a pagar, o prezo máximo foi de 1,76 euros o kg. 

    Aínda que no mar é un bivalvo que abunda, na lonxa cambadesa a media é de 200 kg subastados cada día. E é que a talla imposta dende a Xunta limita a súa captura.

    Tanto é así que os rañeiros xa teñen unha nova pelexa: conseguir que a Consellería incremente o tamaño mínimo do reló que se pode capturar.

    Na última semana, nas lonxas de comarca arousá só se subastaron dúas toneladas desta especie, na que os mariscadores teñen posta parte da súa esperanza para superar o bache.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/14/relojito_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/14/relojito_cambados.mp4{/flowplayer} 

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí