San Marcos ofrecerá un variado cartel musical para tódolos públicos

    2

    NOIA> A piques de pechar o cartel de actividades das festas de San Marcos, o concello de Noia ofreceu un adianto da programación musical. Bandas punteiras do panorama galego como Ruxe Ruxe ou Milladoiro compartirán escenario con grupos como The Godfathers o La Habitación Roja. Noia quenta motores para acoller as festas de San Marcos que se celebrarán na vila a finais de abril. Dende a concellería de Cultura e festexos están a ultimas os detalles da programación festiva que, como tódolos anos, contará cun amplo cartel musical. Para ir abrindo boca, o edil de Cultura ofreceu un adianto das bandas que actuarán en Noia durante as festas, facendo gala dunha gran variedade de estilos que, de seguro, contentarán a tódolos públicos. En canto ós horarios, o concello tentou tamén organizar espectáculos musicais para as familias con actuacións a mediodía ou pola tarde. Haberá tamén actividades complementarias para os máis pequenos. Ademais de música, San marcos ofrecerá moito máis. Dende a súa tradicional feira cabalar ata o certame de pintura ó aire libre. Actividades que se presentarán nas próximas semanas unha vez estea pechado o programa {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/31/presentacionfestassanmarcos3103151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/31/presentacionfestassanmarcos310315.mp4{/flowplayer}

    COMPARTIR