Os centros de Vilagarcía, Vilaxoán e Carril, e O Piñeiriño serán ‘zona 30’

    VILAGARCÍA> Vilagarcía será zona 30. O pleno votou onte a favor de limitar a velocidade dos vehículos a 30 quilómetros por hora no centro urbano, no barrio de O Piñeiriño e nos cacos históricos e urbanos de Carril e Vilaxoán. A proposta chegou ao pleno da man do BNG, pero recibiu o apoio de toda a corporación.

    O límite de 50 quilómetros por hora no casco urbano ten os días contados en Vilagarcía. A vila pasará a ser zona 30, reducindo a velocidade dos vehículos.

    A implantación da medida recibiu onte o visto bo de toda a corporación. O pleno apoiou a moción do BNG cun só matiz: a proposta porase en marcha de xeito gradual, e non urxentemente como pedían os nacionalistas.

    Esta decisión para pacificar o tráfico non só se aplicará no centro vilagarcián. O límite de 30 quilómetros por hora chegará tamén ao barrio de O Piñeiriño, e aos cascos históricos e urbanos de Carril e Vilaxoán.

    O goberno local tamén votou a favor da creación de patrullas de vixilancia de Policía Local en bicicleta, como xa fan os axentes de Cambados. Ademais, sinalizaranse nas rúas as prioridades nas zonas peonís de viandantes sobre bicicletas, así como as velocidades máximas para estes medios de transporte.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/28/zona_30_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/28/zona_30_villa.mp4{/flowplayer}