Boiro acometerá un plan integral de modernización do tecido comercial

BOIRO> O concello de Boiro acometerá unha serie de melloras no mercado municipal grazas a unha subvención de máis de 200 mil euros concedida polo Ministerio de Industria e Turismo con cargo ós fondos europeos Next Generation. Ademais da reforma das instalacións, procederase á instalación de puntos wifi e de recarga de vehículos eléctricos para dinamizar as principais zonas comerciais do municipio.

A subvención europea xunto coa achega municipal suporá unha inxección de trescentos mil euros para dinamizar o tecido comercial de Boiro. O proxecto estrela será a reforma integral da praza de abastos a súa integración na rúa peonil, unha das principais arterias comerciais urbanas.

Como actuacións complementarias procederase á instalación de puntos wifi e unha estación de recarga de vehículos eléctricos e promoveranse cursos de formación en marketing dixital para os comerciantes.

Este proxecto transversal contempla tamén melloras en materia medioambiental como a achega bolsas ecolóxicas para os comercios e a instalacón dunha máquina para a recollida e reciclaxe de todo tipo de envases.

Tódalas actuacións desenvolveranse ó longo deste ano e están cofinanciadas concello e o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través dos Fondos Next Generation da Unión Europea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí