As traballadoras de Los Telares ven o despedimento como a única saída

PONTEVEDRA> O conflito laboral na empresa Los Telares chega ao concello de Pontevedra. Representantes das dez traballadoras do establecemento reuníronse esta mañá co alcalde para transmitirlles a súa situación. Os impagos das nóminas de abril e maio e de tres pagas extra, e a falta de información, abocáronas a unha folga que hoxe cumpriu o seu terceiro día de peche.

 

Los Telares leva case quince instalada en Pontevedra. Con cen tendas en toda España, ven sufrindo problemas económicos dende o 2014, cando os propietarios venderon a firma a un fondo de investimento suízo.

Pero só son suposicións, xa que non coñecen a situación na que se atopan. En abril, a firma presentou un ERE, pero as dez traballadoras de Pontevedra aínda non saben se lles afecta. Si saben que se lles adebedan parte das nóminas de abril e maio e tres pagas extra.

Nestas condicións, para elas a mellor solución sería que as despediran, aínda que a súa situación é máis complicada por mor do concurso de acredores que sufriu a empresa no 2014.

Tralo encontro, o alcalde manifestoulles o seu apoio, e comprometeuse a contactar coa alcaldesa de Avilés, vila na que Los Telares ten a súa central, para preguntarlle pola situación da empresa.

A plantilla sumou hoxe o seu terceiro día de folga, o segundo desta semana convocada para todas as tendas de España.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/03/folga_telares.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/03/folga_telares.mp4{/flowplayer}